jueves, 31 de marzo de 2011

A PRIMAVERA
Coa chegada da primavera todo o colexio encheuse de flores e diversos motivos primaverais que enchen de colorido e alegría os corredores e as clases.



Leer más...

sábado, 26 de marzo de 2011

SOPA DE EUROPA

Os nenos e nenas do 2º ciclo de primaria despois de ler o libro de Sopa de Europa estiveron a traballar o mapa de Europa.
Primeiro buscaron no mapa todos os países que visitaron os nenos do libro e logo marcaron a capital de cada un deles e pintaron a súa bandeira.
Decoraron o mapa con monumentos representativos de cada país que previamente buscaron na internet.
Agora todos coñecen un pouco máis de Europa.
Leer más...

lunes, 21 de marzo de 2011

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

Mensaje de la Sra. Irina Bokova, Directora General de la UNESCO, con motivo del Día Mundial de la Poesía, 21 de marzo de 2011 La poesía tiene mil caras y emana siempre de lo más profundo de la cultura de los pueblos. Desde hace mucho tiempo, la Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (UNESCO) viene respaldando el trabajo de los poetas, editores y profesores del mundo entero. Este año, nuevamente, con motivo del Día Mundial de la Poesía, la UNESCO

O “Día mundial da poesía”. Proclamada en 1999 pola XXX Conferencia Xeral da UNESCO, esta xornada, que no hemisferio norte coincide co comezo da primavera, constitúe un convite para converter a poesía nun espazo de encontro onde os pobos poidan atoparse por riba de cal sexa a súa lingua e a súa ubicación dentro do planeta. A poesía concibida como un dos alicerces da cultura universal, como unha voz superadora de barreiras e valados, capaz de expresar a esencia da condición humana e os matices máis sutiles das emocións e dos sentimentos dos seres humanos. A poesía convertida, ademais, en ferramenta de reflexión sobre o poder da linguaxe e en vehículo de expresión das capacidades creadoras de cada persoa. A poesía, en definitiva, transformada en código universal, nesa grande invención do mundo que permite o diálogo entre culturas, no territorio común das palabras, da creatividade e da innovación.A UNESCO chama cada ano aos seus membros para celebrar esta xornada tamén coa intención de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, con singular interés polas manifestacións do patrimonio inmaterial de tradición oral e pola visibilidade dos poetas e dos seus textos na sociedade. Un día para promover a lectura, o ensino, a edición, a tradución da poesía entre lectores e lectoras de todas as idades e de todas as linguas. Vinte e catro horas, pois, para que a poesía e os poetas sexan os grandes protagonistas nos medios de comunicación, nos centros educativos e nos espazos públicos. Esta “Primavera dos poetas” convoca a milleiros de persoas dispostas a escoitar aos seus poetas que ocupan prazas, auditorios, bibliotecas e institutos. Consultar o programa de actos e recitais que hoxe se desenvolven en París, Lyon, Tours, algunhas das cidades francesas onde a celebración pula, provoca auténtico asombro. Canto menos por un día, os poetas son atendidos como merecen, como os xenerosos cabezaleiros da república das letras capaces de inchar as palabras, de escrutar os seus límites ou de alongar o alcance da lingua, servizo que a cidadanía sabe agradecer coa súa admiración cara eles.
Leer más...
" O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"



O xoves 17 de marzo tivemos a visita de Mariña, unha simpática cociñeira que nos explicou a importancia do peixe e o marisco na dieta.

É unha campaña da Xunta de Galicia destinada aos escolares de Educación Primaria para fomentar o consumo do peixe e o marisco nas súas dietas.

Para iso contan cunha exposición de paneis nos que nos van presentando os distintos ARROASES e as súas propiedades: o rodaballo, a troita, o xurelo, a pescada, a sardiña, o lirio e o mexillón.

Para rematar todos tiveron agasallos: unha gorra, pegatinas, poster...

Se queredes máis información entrade na súa páxina web:






Leer más...

miércoles, 16 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Durante a semana do 1 ao 4 de marzo todo o colexio estívose a preparar engalanándose para recibir da mellor maneira o Entroido, que este ano viña en forma de Circo. Para iso estivemos decorando as clases, os corredores, o comedor... e cada día traendo o que o Meco nos pedía.




E por fin o venres 4 de marzo chegou o gran día do Festival, cunha actuación espectacular do GRAN CIRCO DE SOBRADO.

- Comezamos cun desfile dende o colexio ata a praza do Concello, onde sacamos a foto de todos os participantes do Circo. Fumos cantando todo o camiño para animar a festa.

- Xa de volta, no colexio, tivemos o concurso de disfraces, con agasallos para todas as clases: á máis colorida, á máis divertida, á máis animada...

- Para rematar, música e baile, cunha degustación de sobremesas típicas do entroido: orellas, filloas, roscas fritidas...


QUE BEN O PASAMOS!!
Leer más...