O día 18 de Xaneiro fomos ao colexio de Cesuras, alí xuntámonos con máis colexios para ver unha obra de teatro en inglés chamada Midnight Madness. A obra ía sobre un neno chamado Mickey, a quen lle gustaba moito o chocolate, pero a súa nai agacháballo para que non comese tanto. Un día tivo un pesadelo no que, logo de atopar a neveira chea de chocolate, aparecía a malvada Malisa e roubáballe a neveira. Mickey denunciou este roubo ó Sarxento Blue, e despois éste deulle as indicacións para ir á tenda de Mr.Sticky, onde podía atopar moitas larpeiradas. Pero alí tamén apareceu Malisa!, hipnotizou a Mickey e ó vendedor de chocolate ,colleu todo o chocolate e marchou. O amigo de Mickey, ó decatarse de que estaba hipnotizado, levouno onda a doutora Ding Dong. A doutora curouno, deulle uns plátanos, unha mandarina, unha tableta de chocolate pequena, e…fíxonos bailar a todos a súa canción!! Ó final, cando Malissa volvía para roubarlle a mochila a Mickey, apareceu o Sarxento Blue e entre os dous atrapárona. A obra gustounos porque era moi aventureira e os actores facíano moi ben. Ademais, de aí concluímos que non é bo comer tanto chocolate, que o noso corpo tamén precisa das froitas e demais comida saudable.