viernes, 22 de abril de 2011




As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.
Leer más...
A EDUCACIÓN NON É UN CONTO

Os nenos e nenas de 5º de primaria participaron na campaña de Ayuda en Acción, este ano co lema "A Educación non é un conto" coa elaboración de dous contos relacionados co tema. Para poder ler eses e outros dos contos que participan na campaña entra no enlace seguinte:


http://www.cme-espana.org/gl/materiales/difusion

Leer más...
PROXECTO MANDEO


O mércores 6 de abril os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo de primaria, e dentro do programa do Río Mandeo no que o noso colexio está a participar, foron de excursión a Chelo.

En primeiro lugar estivemos vendo como os encargados do coto de pesca de Chelo alimentaban as troitas que teñen nun espazo reservado para no seu momento soltalas no río.



Despois visitamos a aula da natureza, onde nos explicaron todo o relativo á flora e á fauna do entorno.



Rematamos cunha pequena ruta de senderimo pola beira do río Mandeo.


Leer más...

jueves, 21 de abril de 2011

DÍA DE MAXIA











Leer más...


A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE MAXIA


O luns 4 de abril a nosa biblioteca foi todo un espectáculo de maxia na que todos gozamos coa actuación dun mago que nos ensinou un montón de trucos e que para rematar agasallounos cun libro para continuar aprendendo.O espectáculo veu da man da editorial Galaxia co programa “ABRAPALABRA



Leer más...

jueves, 7 de abril de 2011













VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O mércores día 30 de marzo visitou a biblioteca do colexio de Sobrado o escritor e ilustradosr Jacobo Fernández Serrano, autor entre outros, dos libros "A pedra e as formigas" e "Mil cousas poden pasar. Libro I" que leramos o 2º e 3º ciclo respectivamente.


Estívonos a amosar ilustraccións que fixera el para os libros e tamén nos agasallou cunha lámina para o centro que fixo durante a conversación.



Ao final mantivo un coloquio con todos os alumnos sobre os libros e as súas obras.

Previamente a todo isto os alumnos de 5º fixéronlle unha entrevista gravada, elaborada con anterioridade na aula, que posteriormente será redactada e publicada na revista escolar do centro.


Ao final da sesión agasallou a cada alumno cunha dedicatoria no libro e un debuxo.

Mil grazas Jacobo pola tua visita e polo ben que o pasamos.


Leer más...