martes, 29 de junio de 2010

Vídeo resumo

O mestre de Educación Física elaborou un vídeo para celebrar o fin de curso. Neste vídeo recollíanse todas as actividades reflectidas ó longo do curso. Ademais fíxose unha mención especial para os nenos e nenas de 6º xa que rematan a súa etapa de primaria no Centro.


Leer más...

A vida no comedor

ÚLTIMO DÍA DE COMEDOR
O luns día 21 de xuño foi o último día de comedor. Por este motivo tivemos un menú especial: de primeiro polbo con gambas, de segundo solombo á laranxa e de sobremesa, xeado.


Durante o xantar, tivemos un flashmob a cargo dos nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria, que consistíu nun "freeze" (estatuas de xeo) simulando unha orquestra (cantante, guitarra, viloncello, platillos, batería e violín) e nun baile da canción "I gotta feeling" de Black eyed peas, dirixido polo mestre de educación física, Diego.


Dende aquí tamén queremos dar as grazas tanto a cociñeira, Carmen, como a axudante, Fina polo ben que nos deron de xantar durante todo o curso.


Leer más...

Representación de Educación Infantil: ""Carapuchiña vermella"

TEATRO “CARAPUCHIÑA VERMELLA”
O ciclo de Educación Infantil presenta a todos os lectores do Blog, a obra de teatro:
CARAPUCHIÑA VERMELLA



Representada no centro o 21 de xuño.
Contando coas personaxes de:
CARAPUCHIÑA

A mamá

O lobo

A avoa

Os cazadores

Os narradores

E as árbores cantareiras

Leer más...

Actuación musical de 4º

BAILE: “LAS DIVINAS” (EL PATITO FEO)

As rapazas de 4º de Primaria ó longo do curso ensaiaron o baile das “Divinas” e coa celebración do fin de curso fixeron este baile.



Leer más...

Representación de 6º: "Xentes do Camiño"

“XENTES DO CAMIÑO”


Os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria representaron o día 21 de xuño unha obra titulada “Xentes do Camiño”. Esta obra está relacionada co Camiño de Santiago e nela cóntanse diversas historias que lle ocorreron a peregrinos e habitantes da beira do Camiño.


Leer más...

jueves, 17 de junio de 2010

Lecturas para o verán

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN


Durante as vacacións ademais de xogar, ir á praia, pasear, descansar… non podemos esquecer que temos que ler todos os días un pouquiño. Aquí tedes unha selección de libros que vos poden interesar, pero lembrade que o máis importante e ler non o qué lemos.



Leer más...

O caderno do Xacobeo

O CADERNO DO XACOBEO

Con motivo da celebración do Ano Santo de 2010 os titores de 1º e 2º ciclo xunto coas mestras de P.T e A.L propuxeron facer o proxecto “O caderno do Xacobeo” para reflectir as distintas actividades, visitas e saídas relacionadas co ano do apóstolo de Santiago.



As fichas realizadas foron as seguintes:

1º Visita ó Mosteiro de Sobrado (antes, durante e despois).
2ª O Peregrino.
3ª A orixe do camiño.
4ª As rutas do camiño.
5ª Simboloxía, lendas e curiosidades do camiño.
6ª Tramo: desde o Monte do Gozo a Santiago. A Catedral de Santiago.
7ª A Catedral de Santiago (despois da saída a Santiago)
8ª A credencial.
9ª A Compostelá.

Outra das actividades que complementou o traballo do caderno do Xacobeo foi a elaboración dun mural con recortes de prensa onde se comentaban distintos aspectos relacionados co Camiño de Santiago e en xeral co Xacobeo e o Ano Santo.


Os nenos e nenas do 3º ciclo realizaron a unidade didáctica “O noso Camiño” . A unidade contén unha parte virtual con actividades na encerado dixital, e unha parte real que consistía na realización dun tramo do camiño, dende o Monte do Gozo ata Santiago. (fotos1,2,3)


Leer más...

miércoles, 16 de junio de 2010

O proxecto "Mochilas viaxeiras"

MOCHILAS VIAXEIRAS
Remataron as mochilas viaxeiras, despois de pasar por todos os nenos e nenas tanto de infantil coma de primaria.
A iniciativa tivo moito éxito entre os alumnos e as familias. Os cadernos con todos os traballos están expostos na biblioteca.



Leer más...

O Camiño de Santiago

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O día 21 de maio todo o colexio xunto co colexio de Présaras de Vilasantar fixemos unha excursión a Santiago de Compostela. Os nenos de E.I acudiron a un museo de animais, e o resto dos nenos fixemos un pequeno tramo do camiño de Santiago.
Concretamente, os nenos do 1º ciclo de E.P saíron dende o Palacio de Congresos e o 2º e 3º ciclo de E.P xunto con algúns compañeiros de Présaras saíron dende o Monte do Gozo.


A camiñada durou máis ou menos 1h, no que os distintos grupos fixeron os seus respectivos descansos. Ó chegar a Catedral os nenos puideron visitar moitas cousas, entre elas: a Praza da Inmaculada; a Praza da Quintana, onde entraron á Porta Santa e puideron abrazar ó apóstolo; a Praza das Praterías, dende este lugar puidemos entrar á misa para ver o botafumeiro funcionando; a Oficina do Peregrino, que é lugar onde acoden os peregrinos coa credencial cando chegan a Santiago e obteñen a Compostelana; a Praza do Obradoiro onde puidemos ver a fachada da Catedral e sacamos unha foto de grupo xunto cos compañeiros de Présaras; comida no parque do Auditorio de Galicia…



Foi unha día moi divertido no que os nenos e os mestres pasárono moi ben todos xuntos. Botade unha ollada ás fotos a ver que vos parecen!!!


Leer más...