martes, 2 de febrero de 2010

Celebración do nadal

O NADAL


Este ano o Nadal trouxo consigo un gran traballo por parte dos mestres/as e os nenos/as, xa que se elaboraron as seguintes actividades:


1º Decoración do colexio: no que se utilizou o porespan para facer diversos adornos (bonecos de neve, papa noel, oca, estrelas...), colocación do Belén por parte dos nenos e nenas de 6º na planta baixa do colexio.





Tamén se fixo un Belén artesanal feito polos mestres/as contando coa colaboración dalgún neno/a que se colocou na 1ª planta.



3º Boneco de Neve: a mestra especialista en Lingua Extranxeira elaborou un boneco de neve con vasos de plástico. Pódese ver aquí o resultado do traballo. A que quedou ben!!!



4º “O amigo invisible”: fixemos tamén a seguinte actividade que consistía en elaborar un regalo para un compañeiro/a do colexio. Soamente se lles dicía se era un neno ou nena e no curso que estaba.

Despois entraba a imaxinación de cada neno coa axuda do mestre no regalo que ía a elaborar. Todos os nenos adornaron as caixas e elaboraron o regalo. O resultado foi estupendo, soamente con observar as fotos pódese ver a ilusión que lles fixo recibir un regalo dos seus compañeiros. Algunhas mostras dos regalos pódense ver nas seguintes fotos:






5º Concurso de postais de Nadal: tamén se organizou un concurso de postais na que participou todo o colexio.



As postais gañadoras foron as seguintes:

Infantil 3/4 anos
: Jairo e Hugo

Infantil 5 anos
: Raquel e Sheila

1ºCiclo
: Hugo e Rubén

3ºPrimaria
: Sonia e Paula

4ºPrimaria: Anxo e Sonia

5ºPrimaria: Brais e Laura V.

6ºPrimaria
: Miguel e Adrián

6º Celebración do Nadal: Tivemos a visita de Papá Noel, que foi o que entregou a cada neno o regalo elaborado no "Amigo invisible". Ademais entregáronse os premios do concurso de postais de Nadal, organizado polo Equipo de Normalización lingüística.



Outra das actividades que tivemos para celebrar o Nadal foi a representación da obra de teatro NAYAFIL Y EL 2000, ofertada polo concello de Sobrado.









Leer más...

Teatro: "Perico o cangrexo"





TEATRO: "PERICO O CANGREXO"






O día 11 de Novembro tivemos a visita do teatro de títeres: TITIRIMAÑA.


Aquí mostramos algunhas fotos cando os nenos estaban vendo a representación teatral:






Leer más...