martes, 23 de noviembre de 2010

REXISTRO METEREOLÓXICO
Os nenos e nenas de 2º de Primaria estan a facer un rexistro co tempo que hai cada día. Todos os dias eles marcan o tempo e ao final de mes elaboran un resumo do tempo que houbo: días de sol, de chuvia ...

Leer más...
TALLER DE PINTURA: XOGAMOS A SER ARTISTAS

As nenas e nenos de 6º damos a coñecer grandes obras de arte de importantes pintores así como tamén as nosas pequenas obras de arte. Cada exposición ten un xogo no que podedes participar. esperamos que sexa do voso agrado!

Leer más...

lunes, 22 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DOS DEREITOS DO NENO






Leer más...

viernes, 19 de noviembre de 2010

MURAL DE ACTIVIDADES



Como estamos a facer tantas actividades e tan variadas, Bibliato pensou que estaría ben facer un mural para expoñelas. Está dividido en meses para que cada un poida pegar nel as actividades que vaia facendo.

Colocámolo na entrada do colexio para que todos e todas poidades velo.


Esperamos que vos guste e que vos animedes a pegar nel todo que fagades!
Leer más...

jueves, 18 de noviembre de 2010

CIENCIA DIVERTIDA
O mércores 3 de novembro recibimos a visita na biblioteca do colexio, do Dr. Octo e a Dra. Medusa. Viñeron para facer connosco experimentos que explicaran as ciencias do mar dun xeito divertido, e tamén para presentarnos o concurso "Galicia e as Ciencias do Mar".
Resultou moi entretido.

Se queredes ter máis información entrade na súa web www.galiciaeascienciasdomar.org
Leer más...

jueves, 11 de noviembre de 2010

A FESTA DO MAGOSTO

O día 29 de outubro os nenos e nenas do colexio celebramos o magosto. Pola mañá tivemos a visita dun avó que nos contou cómo antigamente a castaña era a protagonista nas súas vidas coa chegada do outono .
Para seguir coa festa os nenos, nenas e profesores participamos na realización de xogos tradicionais e populares nos que a castaña era a protagonista:

O xoga da culler e a castaña, o xogo de encestar no cucurucho, o xogo das cadeiras



O xogo da rá, o xogo da chave, carreira de sacos



Os bolos, carreiras de relevos.


A mañá rematou cun mini concerto de cancións relativas ao Magosto, interpretadas polos distintos ciclos:

Infantil: "A castaña"
1ºCiclo: "O outono"
2ºCiclo: "Non chas quero"
3ºCiclo: "A castaña"



E… pola tarde para encher o bandullo fixemos entre todos Un Magosto. Cada un preparou o seu cucurucho, algún moi orixinal !

Rematamos cantando e bailando!!



Leer más...

HALLOWEEN

Nas clases de inglés recordamos que o Halloween tamén provén do Samaín, xa que cando esta tradición chegou ós ingleses, nun principio denominárona “All Hallows Eve”, que despois se transformaría no actual “Halloween”.
Para festexar o Halloween realizamos unha exposición de cabazas que, a pesar de seren algunas moi orixinais e divertidas, cando apagamos as luces e lles acendemos as candeas que tiñan dentro, todas daban medo!!!



Igualmente, os nenos de 3º de primaria disfrazáronse de bruxas e fantasmas, foron polas outras clases petando á porta e cando lles abrían dicían: “Trick or treat, smell my feet, give me something, good to eat!!”.

Fixéronse cunha boa cesta de lambetadas que despois repartiron entre todos!



Leer más...
SAMAÍN/HALLOWEEN
Como xa é de todos coñecido, o Samaín ten lugar o día 31 de outubro. Esta festividade ten a súa orixe nos Celtas, con ela festexaban a fin do verán e das colleitas, e o comezo do Ano Novo.

Igualmente, esa noite recordaban os seus defuntos: crían que as almas dos mortos volvían a camiñar sobre a terra para mesturarse entre os vivos, por iso, esa noite vestíanse funebremente, e permanecían nas casas a escuras para que a morte non chamase as súas portas.

Para dar conta da orixe do Samaín, fixemos un mural con forma de morcego que nos explica a súa historia e a relación co agora de moda "Halloween"

Leer más...

miércoles, 10 de noviembre de 2010

LER E ESCOITAR


O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no I Concurso de Lectura en voz alta, "Ler e escoitar", convocatoria de 21 de setembro de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, co gallo da declaración da Xunta de Galicia do ano 2010 como o ano do Libro e da Lectura de Galicia. A primeira fase do concurso levouse a cabo no colexio coa selección dunha alumna para a modalidade individual e cinco alumnos para a modalidade grupal.




Leer más...

lunes, 8 de noviembre de 2010

AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Por segundo ano, o venres 29 de outubro saíron da nosa biblioteca para visitar cada casa do noso alumnado as mochilas viaxeiras.
O equipo da biblioteca desexa agradecer a toda a comunidade escolar a súa participación.
Leer más...
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE OUTUBRO
Un mes máis o derradeiro xoves do mes xúntamonos no comedor, convidados por Bibliato, para celebrar os aniversarios de Ana Carreira, Eva e Noelia López, Paula Freire, Lorena, Saray, Lara Corral e os das mestras Rocío e MªLuz.
Para ese día tivemos un menú especial, empanada de touciño e queixo, fideuá con ameixas e para rematar unha exquisita sobremesa: torta de amorodos con lacasitos.


Como agasallo para todas elas, gozamos de diferentes bailes:
- as nenas de 4º bailaron Telephone, de Lady Gaga.
- as nenas de 5º bailaron a canción Bad Romance, tamén de Lady Gaga.
- as nenas de 5º e 6º bailaron a coñecida canción do mundial 2010 de David Bisbal.
- e para rematar 6º bailou Waka waka, de Shakira que animou a todos e todas a bailar.


Leer más...