jueves, 20 de mayo de 2010

Visita de Mar Guerra

A VISITA DA ESCRITORA MAR GUERRA

O mércores 5 de maio, a escritora Mar Guerra visita o colexio de Sobrado para falar cos nenos es nenas do 3º ciclo de primaria. O motivo da visita é falarlles do libro “Xenaro e o misterio da mochila verde”, escrito por ela e que eles leron e traballaron previamente. Tamén fixo con eles xogos de linguaxe e aproveitaron para que lles firmase os libros. O acto tivo lugar na biblioteca do centro.
Moitas grazas Mar por acompañarnos!

Leer más...

miércoles, 5 de mayo de 2010

A banda deseñada no CEIP Virxe do Portal

AS AVENTURAS DE BIBLIATO


Este ano no colexio elaborouse un libro con diversos cómics de tódolos cursos. O tema tiña que estar relacionado coa mascota do colexio, BIBLIATO. Este traballo estivo organizado polo Equipo de Normalización Lingüística (EDNL).
O resultado foi estupendo, mirade que cómics elaboraron os nosos nenos e nenas!!! Que imaxinación!!! Menudos artistas están feitos!!!

Leer más...

Día do libro

O DÍA DO LIBRO (23 de abril)


Neste día fixemos varias actividades para celebrar o día do libro:
- Lectura polas clases: para facer un pouco máis especial a lectura neste día, uns nenos prepararon a lectura duns libros que tiveron que contar ós seus compañeiros (cada neno encargouse da lectura nunha clase diferente a súa). Axudados pola súa imaxinación fixo que contaran as historias dos contos dunha forma moi divertida. Votade unha ollada ás fotos!!!



- Representación da obra teatral: A NUBIÑA PASCUAL (interpretada polos nenos e nenas de 1º ciclo).


- Representación no teatrillo de monicreques da obra: CARAPUCHIÑA VERMELLA (interpretada polos nenos e nenas de 5º).


- Contamos coa participación dun Contacontos patrocinado polo concello de Sobrado. Tivo lugar na biblioteca do colexio coa interpretación de distintos contos e historias dunha bruxa.


Leer más...

Día do neno/a

O DÍA DO NENO EN ESPAÑA



O día 15 de abril conmemorouse o Día do Neno en España. Con motivo desta celebración fíxose este mural. Gústavos???

Leer más...

Mosteiro de Sobrado

O MOSTEIRO DE SOBRADO

Historia do Mosteiro


O Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes é un dos principais mosteiros de orixe medieval da provincia de A Coruña e de toda Galicia, aínda que actualmente e tras as reformas dos séculos XVI ó XVIII é un dos principais monumentos do barroco galego. Foi declarado Monumento Histórico Artístico de carácter nacional.
Ubícase na comarca de Terras de Melide, no municipio do mesmo nome: Sobrado dos Monxes. Na actualidade, o Mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes está habitado polos monxes cistercienses.
Enlace página: http://www3.planalfa.es/sobrado/sobrado.htm

VISITA Ó MOSTEIRO


Aproveitando as actividades relacionadas co Xacobeo, propúxose realizar unha visita ó Mosteiro da vila. Na visita estivemos acompañados por un monxe e mailo mestre de relixión do noso colexio que nos foron explicando diversas anécdotas, historias e curiosidades relacionadas co Mosteiro.
Realizamos a visita ó Mosteiro o 12 de abril en dúas quendas:
Na primeira quenda foron os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º.


Na segunda quenda 4º, 5º e 6º estiveron acompañados polos rapaces do colexio de Présaras de Vilasantar.

Leer más...

A primavera chegou

PRIMAVERA



Coa chegada da primavera os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria elaboraron varios murais para decorar as distintas dependencias do colexio. Velaí podedes observar o resultado do noso traballo.
Aquí podedes ver como traballaron...



...e aquí observaredes que tanto esforzo pagou a pena:


Leer más...