jueves, 12 de noviembre de 2009

O magosto

O MAGOSTO


O 9 de novembro celebramos a festa do Magosto.



No Magosto realizáronse distintas actividades:

Elaboración do libro “Dona Castaña”. Na que cada curso fixo a súa aportación coa elaboración dunha páxina do libro: con poemas, refráns, cantigas, debuxos relacionado co outono, fotos, descrición do castiñeiro... Na seguinte presentación de Power Point pódese observar o traballo realizado:



Elaboración dunha castaña móbil, que como se pode observar nas fotos estas castañas cobraban unha vida especial, algunhas aportando poemas, refráns e outras vestidas de diversas formas.






Cadenetas de froitos: os nenos e nenas de 1º ciclo elaboraron as cadenetas de froitos típicos do Magosto: noces, castañas, mazas, avelás, laranxas...



Presentación da mesa dos froitos do Outono: no que os mestres/as e nenos/as fixeron a súa aportación traendo ó colexio diversos froitos propios da tempada do Outono. Esta actividade fixo que os nenos/as coñeceran un pouco máis os froitos que nos rodean. Moitos deles eran grandes descoñecidos dos nosos rapaces.




Xogos coas castañas: no pavillón polideportivo o alumnado participou nunha serie de xogos que tiñan coma motivo principal a castaña, neste vídeo podedes ver coma o fixeron:



Celebración do Magosto: todos os mestres/as vestíronse acorde a celebración do Magosto con sombreiros e mandís feitos por papel de periódico e papel de pinocho.



Nese día asáronse as castañas e os nenos de 6º foron repartindo os demais nenos/as as castañas. Foi unha festa moi divertida!!!




Leer más...

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Samaín

O venres 30 de outubro celebramos o Samaín

A última semana do mes de outubro realizáronse os traballos previos de decoración do samaín. Cada ciclo centrouse nun traballo en concreto: en infantil elaboraron pantasmas e cabazas pequeniñas e con elas fixéronse guirnaldas e cadenetas; no 1º ciclo, creáronse móbiles de meigas, no 2º ciclo móbiles de cabazas e no 3º ciclo, centráronse na elaboración de esqueletos articulados.



Do mesmo xeito, fixemos unha exposición das cabazas realizadas polos propios nenos/as.


PRESENTACIÓN EN POWER POINT: "Chega Halloween a Sobrado..."



Leer más...

martes, 3 de noviembre de 2009

Libros de medo



Con motivo do Samaín entregamos a todos os nenos/as unha Guía de lectura de libros de medo.



Leer más...

martes, 27 de octubre de 2009

Posted by Picasa
Leer más...

A mascota da Biblioteca

O ano pasado o equipo de biblioteca do noso centro, formado por 5 mestres/as, realizou varias actividades, entre elas, a elección da mascota da nosa biblioteca. A que saíu elexida foi un rato chamado Bibliato.
Bibliato é o que nos informa de todas as actividades que se van desenvolver polo equipo de biblioteca, pero agora tamén as podedes seguir a través deste blog.
Esperade novas nosas, un saúdo dende a biblioteca de Sobrado. Leer más...